Retranca Editora ten o pracer de anunciar a edición en galego de SUBNORMAL, a novela gráfica de Fernando Llor & Miguel Porto na que relatan a historia real do Bullying que sufriu o exxogador de baloncesto da ACB e cun físico portentoso, Iñaki Zubizarreta, durante a súa escolarización.
A súa altura e forza física non serviron de nada ante a manda dos acosadores, que o levaron ao bordo da morte. TODOS SOMOS VULNERABLES!!!
Esta edición especial en galego, conta cunha nova portada de Miguel Porto e cun deseño que evoca ás libretas escolares, co título do libro troquelado deixando ver no valeiro do insulto que lle proferían a Iñaki, a ilustración que amosa o acoso ao que foi sometido polos seus compañeiros.
Encadernación en capa dura cosido a fío, con sobrecubertas troqueladas.
Tamaño 17 x 24 cm
160 páxinas a cor en papel estucado mate de 135 grms.
UNIDADE DIDÁCTICA sobre BULLYING ESCOLAR
Edición de 500 exemplares especial para centros escolares e familias, cunha UNIDADE DIDÁCTICA realizada pola docente e escritora Uxía Meirama e entrevistas aos autores Fernando Llor e Miguel Porto e ao protagonista da historia Iñaki Zubizarreta realizada pola xornalista Sara Vila.
Encadernación en grapa a toda cor.
Tamaño 14 x 21 cm
60 páxinas a cor en papel estucado mate de 120 grms.
top of page
25,00 €Precio
RELATED PRODUCTS
bottom of page